Phillip James Edwin Peebles, nado en Winnipeg o 25 de abril de 1935, é un astrofísico, astrónomo e cosmólogo teórico canadense-estadounidense. É profesor emérito de ciencias na Universidade de Princeton.[1][2] É amplamente considerado como un dos cosmólogos teóricos máis senlleiros do mundo dende 1970, con importantes achegas teóricas a nucleosíntese primordial, materia escura, a radiación de fondo cósmico de microondas e a formación de estruturas.
Peebles foi galardoado co Premio Nobel de Física en 2019 polos seus descubrimentos teóricos sobre a cosmoloxía física.[3] Compartiu o premio con Michel Mayor e Didier Queloz polo seu descubrimento dun exoplaneta orbitando unha estrela semellante ó Sol.[4][5][6] Se ben gran parte do seu traballo está relacionado co desenvolvemento do universo dende os seus primeiros segundos, é máis escéptico sobre o que podemos saber sobre o comezo, e afirmou: "É moi desafortunado que un pense no comezo mentres que, de fetio, nós non temos unha boa teoría de algo como o comezo."[7]
Peebles describiuse a si mesmo como un agnóstico convencido.[8]
- ↑ "Princeton University Physics Department". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011.
- ↑ "Princeton University News". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016.
- ↑ Hooper, Dan (12 de outubro de 2019). "A Well-Deserved Physics Nobel - Jim Peebles' award honors modern cosmological theory at last". Scientific American. Consultado o 13 de outubro de 2019.
- ↑ "The Nobel Prize in Physics 2019". Nobel Media AB. Consultado o 8 de outubro de 2019.
- ↑ Chang, Kenneth; Specia, Megan (8 de outubro de 2019). "Nobel Prize in Physics Awarded for Cosmic Discoveries - The cosmologist James Peebles split the prize with the astrophysicists Michel Mayor and Didier Queloz, for work the Nobel judges said "transformed our ideas about the cosmos."". The New York Times. Consultado o 8 de outubro de 2019.
- ↑ Kaplan, Sarah (8 de outubro de 2019). "Nobel Prize in physics awarded for research on exoplanets and the structure of the universe". Washington Post. Consultado o 13 de outubro de 2019.
- ↑ Couronne, Ivan (14 de novembro de 2019). "Top cosmologist's lonely battle against 'Big Bang' theory". Phys.org. Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ "Jim Peebles - Session II". www.aip.org (en inglés). 1 de abril de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2019.